Quen somos

BeyondSpain é unha iniciativa alternativa á feira de libro de Frankfurt que vai ofrecer un espazo seguro para a creación cultural e literaria, para as linguas e os dereitos lingüísticos, para as ideas democráticas, antifascistas e anticoloniais. Un espazo para as que queremos mostrar a outra realidade sobre as nosas linguas, culturas, literaturas e activismo político.

Entre os días 19 e 23 de outubro teremos palestras e debates políticos, encontros literarios, lecturas, coloquios e concertos centrados nos Països Catalans, Euskal Herria e Galiza. Teremos un espazo reservado para que editoriais, fundacións e organizacións podan presentar os seus materiais.

Propomos un evento cultural con catro liñas de contido, produción literaria e activismo político e social. Falaremos de normalización lingüística, represión, memoria histórica, dereito a decidir e anticolonialismo.

Manterémosvos informadas/os sobre os espazos, datas e horas nas que terán lugar as actividades.