Autores-Ponentes

AUTORES

Albert Botran
Albert Botran (Molins de Rei, 1984) é un historiador e político catalán. Publicou varios libros sobre historia moderna e contemporánea de Cataluña, entre eles Pensar històricament els Països Catalans. La historiografia i el projecte nacional dels Països Catalans (1960-1985) (2010), Unitat Popular. La construcció de la CUP i l'independentisme d'esquerres (2012), e Independència és revolució. La sobirania en un món en crisi (2022).
É membro do movemento de esquerdas Poble Lliure e, desde 2019, deputado na Candidatura de Unidade Popular (CUP) no Congreso dos Deputados español. Colabora habitualmente no dirai El Punt Avui.

Ane Muguruza
Ane Muguruza (Bilbo, 1989) forma parte da fundación Egiari Zor (restablecer a verdade) organización que traballa para a investigación, o recoñecemento e a reparación dos crimes de terrorismo de estado e o proceso de paz en Euskal Herria. Filla de Josu Muguruza, deputado do congreso español asesinado por un comando da dereita na víspera da sua toma de posesión en 1989.

Arancha Nogueira
Arancha Nogueira (Ourense, 1989) é unha poeta en lingua galega. Os seus poemas son ás veces altos, outras provocadores, pero tamén divertidos. Grazas a plataformas como Instagram, os poemas perderon a súa imaxe burguesa e as mozas escritoras convértense en voces que se escoitan de novo. O seu primeiro volume de poesía "O único lugar onde ficar inmóbil (2018)" deuse a coñecer en moi pouco tempo. Amor, perda e empoderamento feminino - Nogueira trata todos estes temas non só con palabras poéticas, senón tamén con imaxes poderosas.

Carlos Babío
Carlos Babío é historiador, investigador e escritor galego. Leva anos investigando o espolio patrimonial do franquismo, especialmente na loita pola recuperación do Pazo de Meirás. Coautor do libro Meirás Un pazo, un caudillo, un expolio polo que foi denunciado por delito contra o honor, a intimidade persoal e familiar e por inxurias e calumnias polos descendentes de Franco. A denuncia foi desestimada pola xustiza en xuño de 2021.

Carlos Callón
Carlos Callón (Ribeira, 1978) é escritor, activista e profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Foi promotor e porta-voz da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Ademais de varios estudos históricos e literarios, ten obras que supoñen diferentes achegas sociolingüísticas como “Galegocalantes e galegofalantes” (Xerais, 2017). O seu último traballo “O libro negro da lingua galega” (2022) céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos.

Edorta Jimenez
Edorta Jiménez (Mundaka, 1953) é fillo de un represaliado republicano andaluz e de nai vasca, ten publicado seis volumens de poesía antes da súa primeira obra narrativa Azken fusila ( a última pistola, Susa 1993) un impresionante relato da posguerra en Euskal Herria. Na súa polifacética obra trata cuestións sociais tanto desde unha perspectiva histórica como actual. Ten publicado en Alemán a obra Lärm der Grillen (Pahl-Rugenstein, 2007).

Elena Martinez Lopez
Elena Martínez López (Madrid, 1979). Republicana e comunera. Militante de Izquierda Castellana durante case 20 anos. Promotora da candidatura Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos. Actualmente participa das coordenadoras de solidaridade com América Latina. Tamén participa noutros espazos como a Coordinadora Antifascista de Madrid e é membro da plataforma Madrileños por el Derecho a Decidir.

Elisenda Paluzie
Economista e activista política catalá. Presidenta da Asemblea Nacional Catalá desde 2018 a maio de 2022, período de forte represión cara ao movemento independentista de Cataluña por parte do Estado Español. Ten unha longa traxectoria académica e na actualidade é profesora de Economía na Universidade de Barcelona. Escribiu sobre a viabilidade económica da independencia de Cataluña, en libros como The political economy of inter-regional fiscal flows: measurement, determinants, and effects on country stability (2010), Catalonia in Spain and Europe. Is There a Way to Independence (2015), e publicou Podem! les claus de la viabilitat econòmica de la Catalunya independent (2014).

Fito Rodriguez
Fito Rodriguez (Gasteiz, 1955) Escritor, articulista e blogueiro, ademais de profesor e investigador na universidade de Euskal Herria. Ten publicado textos de todo tipo: artículos xornalísticos, investigacións científicas, divulgación cultural, ficción, traducións ou entradas no diccionario. É membro da Asociación de Estudos Vascos, da Asociación de Amigos do Bertsolarismo, da Asociación de escritores en lingua vasca e do PEN-Club Vasco.
web: fitorodriguez.eus

Iñaki Egaña
Iñaki Egaña (Donostia, 1958) Historiador, escritor e ativista político vasco. A súa obra céntrase especialmente no campo do xornalismo de investigación, traballando sobre as redes fascistas dentro de estado español e sobre a historia da Guerra Civil española e o conflito político en Euskal Herria. Presidente da organización de dereitos humanos “Euskal Memoria”.

Joan Pons Pons
Joan Pons Pons (Ferreries, Menorca, 1960), é novelista, poeta e xornalista. Da súa obra destacan as novelas, como Nàufrags (Columna, 1993), Homes sols (Proa, 2001), Remant cap al sol (Moll, 2010), La casa de gel (Bromera, 2009) e La malaltia del cor (Univers, 2022).
Próximamente tamén se publicará El gos de Camus, unha biografía novelada do escritor francés com ascendecia menorquina. O narrador principal é o can que viaxaba no coche que se estrelou cando se dirixían a París. O editor e o propio Camus morreron. E o can? Ninguén sabe nin escribiu nada sobre iso.
Colaborou en diversos medios, como El Món d'Ahir, El Punt Avui ou a revista Descobrir Catalunya. Na actualidade publica os seus pedraules -as palabras son as pedras dos escritores- no semanario El Iris de Ciutadella.

Júlia Lleixà i Calvet (ANC Deutschland)
Júlia Lleixà i Calvet (Barcelona, 1980). Coordinadora da Asemblea Nacional Catalá en Alemaña desde xullo de 2018.

Kirsten Brandt
Tradutora alemá de coñecidas obras literárias catalás, portuguesas e españolas. Tamén é libreira e estudou filoloxía portuguesa, inglesa e alemá. Brandt traballou como axente literario e viviu un tempo en Portugal e Cataluña. Traballa como tradutora literaria do catalán, castelán e portugués. Hoxe vive coa súa familia en Offenbach.

Laura Mintegi
Laura Mintegi (Lizarra, 1955) é escritora, política e profesora de didáctica da língua e da literatura na universidade de Euskal Herria. As suas novelas ocúpanse das contradicións sociais e, especialmente, do conflito de roles de xénero. No 2016 intercambiou cartas coa escritora alemá Birgit Vanderbeke, no marco do proxecto Donostia – Capital Europea da Cultura. Foi presidenta do PEN-Club Vasco.

Lucia Barros
Lucia Barros (A Corunha, 1984) Activista polos dereitos e liberdades. Presidenta de EsCULcA, observatório Galego para a defensa dos dereitos e liberdades.

Marcos Maceiras
Marcos Maceiras (Santiago de Compostela, 1978) historiador e activista linguístico. Presidente da Mesa Pela Normalización Lingüística.

Raul Zelik
Raul Zelik (München, 1968) é escritor, tradutor e politólogo. Ademais de escribir numerosas publicacións sobre a esquerda en Euskal Herria e na América Latina, tamén escribe novelas. Colaborador habitual do xornal alemá Junge Welt e do semanario suízo Wochenzeitung. Formou parte da executiva do partido Die Linke.
web: https://www.raulzelik.net/

Organizacións

Assemblea Nacional Catalana – ANC
A Assemblea Nacional Catalana (ANC) é unha organización de base que reúne a cerca de 100.000 persoas de todas as partes da sociedade catalá (local, nacional e internacional), incluíndo diferentes ideoloxías, relixións e nacionalidades. Traballa de forma voluntaria por unha causa común: conseguir a independencia catalá de forma totalmente pacífica e democrática. Tamén promove a independencia doutras rexións de fala catalá, coñecidas colectivamente como Países Cataláns (Països Catalans).
A asociación ANC Deutschland e.V. existe desde 2020 e está activo en toda Alemaña con voluntarios. Céntrase en charlas, actividades de comunicación e manifestacións dedicadas á causa catalá.
web: https://assemblea.cat/
web: https://www.anc-deutschland.cat/

Egiari Zor Fundazioa
A Egiari Zor Fundazioa creouse o 22 de abril de 2012 co obxectivo de traballar a favor dos dereitos das vítimas da violencia dos estados francés e español no contexto do conflito político en Euskal Herria. A fundación está formada por familiares das vitimas mortais da violencia de estado, e persoas que foran feridas, torturadas ou sometidas a outras formas de violencia.
web: http://egiarizor.eus/

Esculca
EsCULcA é un observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galiza fronte ás limitacións e vulneracións que poidan sufrir. Entre as súas principais actuacións salientan as denuncias de vulneración dos dereitos humanos por parte do Reino de España, e a defensa do exercicio de dereitos básicos como os de expresión, reunión e manifestación, o dereito a non ser obxecto de tortura, o dereito a asilo, o dereito á saúde ou o dereito das persoas menores de idade con responsabilidades penais a un tratamento adecuado á súa condición.
web: https://esculca.gal/

Euskal Memoria
Fundación que documenta todos os detalles da historia recente de Euskal Herria. Publica regularmente novos resultados e novidades, e promove o traballo da memoria sobre a sociedade vasca. Os principais temas son a Guerra Civil española e o conflito político en Euskal Herria. A Fundación fai recomendacións para o currículo educativo vasco e serve de corrector da historia que transmiten as institucións españolas.

Guernica Gernikara / Gernika Batzordea
Trátase dunha asociación formada por diversos colectivos da sociedade civil que traballan na defensa da memoria, a cultura e os dereitos humanos. Desenvolven proxectos para conmemorar o bombardeo de Gernika de 1937. A nivel político, están a facer campaña para trasladar o famoso cadro de Pablo Picasso
"Guernica" do museo "Reina Sofía" de Madrid a Gernika, e mostralo nesa cidade.
web: https://guernicagernikara.eus/taldeak/gernika-batzordea/

Gure esku dago
Gure Esku é un movemento cidadán polo dereito a decidir. O obxectivo principal é que se decida dos territórios de Euskal Herria sobre o futuro político, libre e democraticamentede, mediante un referéndum.
Fundada en 2013, dende entón organizou múltiples dinámicas e mobilizacións para afondar na cultura democrática e na convivencia, apostando pola participación e o empoderamento da cidadanía baseado en valores democráticos e pacíficos.
Gure Esku É un axente autónomo e autofinanciado que ten en marcha unha campaña de adhesión para fortalecerse. Decidir está nas nosas mans, Faino posíbel!
web: https://gureesku.eus/

Madrileños por el derecho a decidir
Este Grupo de Activistas defínese como O Madrid democrático e solidario, o Madrid de No pasarán e de Si, votaremos que traballa polo dereito a decidir dos pobos. É un movemento que loita polo desmantelamento das estruturas postfranquistas, monárquicas e polo xurdimento dunha República dende o propio pobo e non mediante nomeamentos que perpetúen estruturas xa desaparecidas na Europa occidental.

Mesa Pola Normalización Linguistica
A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.
web: https://www.amesa.gal/

Plataforma per la Llengua
A Plataforma per la Llengua é a ONG catalá. É unha organización non gobernamental que traballa pola plena normalización da lingua catalá, para garantir os dereitos dos seus falantes e para que sexa lingua de cohesión social. A entidade traballa nos diferentes territorios de fala catalá e desde unha perspectiva transversal na acollida e consolidación lingüística das recén chegadas nas universidades e ensino, administracións e mundo do consumo e da empresa, no ámbito audiovisual e cultural, entre outros ámbitos de actuación. Plataforma per la Llengua defende a plena recuperación do catalán nos territorios onde é lingua autóctona e tradicional, por razóns de xustiza, cohesión civil e preservación da diversidade no mundo.
web: https://www.plataforma-llengua.cat/

Via Galega
Vía Galega é unha plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza. O seu obxectivo principal é sensibilizar á sociedade galega e promover iniciativas de todo tipo para popularizar e crear conciencia arredor da realidade nacional galega e do dereito de Galiza a decidir libremente o seu estatus político.
web: https://viagalega.gal/